Control Horario da Xornada Laboral
Rexistro da xornada laboral con xeolocalización e firma
Axenda con horarios personalizados
Rexistro de días de Vacacións e Libre Disposición
Pausas e descansos laborais
Permisos e Incapacidade Temporal
Horas Extras
Informe de incidencias
Informe mensual
Visualización de nóminas
Gastos de viaxe
Taboleiro de anuncios
Partes de traballo e xestión de tarefas
Conectividade cos nosos dispositivos PRONE
Xestión de Frotas
Fichanet é unha ferramenta de xestión da xornada de traballo, que cumpre de maneira sobrada coa lexislación vixente, e que permite o rexistro das entradas e saídas da xornada diaria de traballo, a cal hai que realizar coa firma do traballador para evitar posibles sancións da Inspección.
Do mesmo xeito, permite se se desexa, xeolocalizar o sitio físico desde onde se realiza o fichaxe para un mellor control da actividade da Compañía. Este recurso, é ademais moi útil se se quere realizar un seguimento do teletraballo.
En consonancia coa Lexislación actual, que determina que a xornada de traballo debe ter asignado un horario de entrada e saída. A aplicación permite realizar dita asignación de horario por traballador, o que resulta fundamental para poder facer cuadrantes, retenes, quendas de traballo e demais necesidades de xestión do cuadrante de persoal laboral.
Fichanet é unha aplicación moi intuitiva, tanto para o traballador como para o administrador á hora de realizar a solicitude e aprobación/denegación dos días de Vacacións e os días de Libre Disposición (comunmente coñecidos como moscosos e canosos). Ademais, a aplicación conta cun visor onde se ve resumido todos os días non traballados polo persoal, con diferenciación por cores dos diferentes acontecementos; se son por Incapacidade Temporal, Vacacións, días de Libre Disposición, outros non laborais ou Permisos.
Fichanet permite rexistrar dunha maneira sinxela, tanto para o traballador como para o Administrador, as diferentes pausas que poidan realizarse ao longo do día. Se se quere, ademais poden ser descontadas ou non da xornada laboral, en virtude dos acordos que existan entre a Empresa e traballadores ou nos distintos convenios sectoriais.
En Fichanet, o rexistro da Incapacidade Temporal realízase directamente polo traballador, podendo adxuntar, se a empresa o considera necesario, o correspondente parte de baixa. Do mesmo xeito, se se solicita un permiso tanto a futuro como no día en curso, pódese adxuntar o xustificante (visita ao médico, reunión escolar, ...).
Na Incapacidade Temporal, se se adianta a alta, basta con indicar o día, e a aplicación volve a introducir o horario que teña determinado o traballador en cuestión.
Fichanet leva un contador constante de Horas Extras realizadas polo traballador, con indicación do saldo acumulado. Ademais, a aplicación, permite realizar unha ponderación se se estima oportuno, en función de que ditas horas se realizasen en festivo, con nocturnidade, en días non laborais, ou nos parámetros que determine a empresa. Do mesmo xeito, incorpora unha xestión para que o goce desas Horas Extras Ponderadas (ou normais) poida realizarse con horas de descanso, ou solicitar o pago correspondente.
Fichanet permite diferentes controis para evitar fichaxes con incidencia, como por exemplo, non fichar antes da hora determinada de entrada, poder axustar a hora de saída por esquecemento, poder entrar ou saír uns minutos antes, sen que se xeren incidencias en función dos parámetros asignados. En calquera caso, se a pesar das cortesías de entrada e saída que se dan por parte da Empresa aos empregados, téñense que rexistrar os fichaxes con incidencia por non adecuación dos tempos indicados, xérase un informe de incidencias por traballador.
En consonancia coa actual Lexislación, que establece que se debe poñer a disposición do traballador un resumo coas súas horas traballadas, Fichanet incorpora un Informe Mensual de horas traballadas, onde se reflicten todas as vicisitudes que acontecesen ao traballador durante ese mes: xornadas de traballo normais, xornadas de traballo con incidencia, Vacacións, Incapacidades Temporais, Permisos, Pausas, Horas Extras, e demais sucesos que tivesen lugar no mes. O traballador terá a obriga de fichar dito informe para que o proceso de rexistro das xornadas laborais dese mes quede completado.
Fichanet permite, como complemento extra, que a Empresa poña a disposición do traballador mensualmente a nómina de maneira automática. A nómina unicamente poderá ser visible polo propio traballador, o que aumenta ademais a seguridade no uso da aplicación.
Fichanet permite, como complemento extra, a xestión de gastos de viaxe dos traballadores. Dunha maneira sinxela, adxúntanse os xustificantes dos distintos gastos incorridos en función das opcións determinadas pola Empresa; aloxamento, transporte, comida, quilometraxe, etc. Ditos gastos teñen un sistema dobre de aprobación dos gastos, para que os mesmos poidan ser cotejados polos Responsables de Departamento e por Administración.
Así mesmo, a aplicación incorpora informes de gastos por empregado, gastos por concepto, para poder realizar un seguimento eficaz da evolución dos mesmos.
Fichanet permite, como complemento extra, a incorporación dun taboleiro de anuncios para os diferentes usuarios da aplicación. Deste xeito, pódese incorporar información a todas as persoas da organización, ou a un departamento en cuestión, por exemplo; procedementos técnicos ao departamento de taller ou manuais de venda para o departamento comercial, ou poñer unha información en concreto a un traballador, como por exemplo, sería o seu contrato de traballo. Deste xeito, o traballador pode consultar desde calquera sitio a información proporcionada pola súa empresa, a través do seu dispositivo móbil.
Fichanet permite, como complemento extra, a incorporación de partes de traballo e xestión de tarefas aos traballadores. Así, por exemplo, podería encomendarse un traballo de limpeza a unha persoa, e a mesma pode indicar a hora de entrada e saída da tarefa en cuestión, adxuntar fotografías para ver un antes e un despois, asignar a tarefa a un cliente determinado e xeolocalizar se se desexa a ubicación desde onde se realizou o traballo en cuestión.
Fichanet permite a interacción, con dispositivos PRONE, se é o medio de fichaxe elixido pola Empresa. A xornada de traballo fíchase desde o dispositivo físico, volcando os datos en tempo real na aplicación, para un mellor control do persoal.
Xestione a súa frota de vehículos en tempo real, incluíndo roteiros detallados, control de movementos e histórico de localizacións.